viernes, 11 de noviembre de 2022

PROXECTO MEMORIA

 

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiu na Casa da Cultura de Sada ao espectáculo “Proxecto Memoria”.

Este é un espectáculo de narración oral relacionado coa recollida de "memoria viva", a raíz de entrevistas realizadas con persoas maiores de 65 anos que viven no noso concello.

O proxecto resultou gañador dunha subvención da Deputación da Coruña. As entrevistas a veciñas e veciños de Sada realizáronse durante o ano 2021. Co resultado desas entrevistas deuse forma a un espectáculo de narración que vai apoiado con contidos audiovisuais.

Cantas cousas podemos aprender escoitando aos nosos maiores! Comprender mellor a historia dos espazos e dos barrios, a raíz da nosa identidade colectiva... e crear unha cadea de transmisión oral que vai dende as nosas avoas e avós ata os netos e netas.

Pinchade na imaxe para ver máis fotos:


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario