viernes, 11 de noviembre de 2022

PROXECTO MEMORIA

 

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiu na Casa da Cultura de Sada ao espectáculo “Proxecto Memoria”.

Este é un espectáculo de narración oral relacionado coa recollida de "memoria viva", a raíz de entrevistas realizadas con persoas maiores de 65 anos que viven no noso concello.

O proxecto resultou gañador dunha subvención da Deputación da Coruña. As entrevistas a veciñas e veciños de Sada realizáronse durante o ano 2021. Co resultado desas entrevistas deuse forma a un espectáculo de narración que vai apoiado con contidos audiovisuais.

Cantas cousas podemos aprender escoitando aos nosos maiores! Comprender mellor a historia dos espazos e dos barrios, a raíz da nosa identidade colectiva... e crear unha cadea de transmisión oral que vai dende as nosas avoas e avós ata os netos e netas.

Pinchade na imaxe para ver máis fotos:


 

 

jueves, 10 de noviembre de 2022

FLIPBOOK INVERTEBRADOS

 Hoxe rematamos a exposición dos flipbooks que preparamos para o tema dos invertebrados e saíunos xenial. Aprendemos dunha maneira diferente e o resultado foi moi bo.  Parabéns!



martes, 8 de noviembre de 2022

DEREITO A SER BEN TRATADOS...

 Os nenos e nenas de Valores estivemos traballando sobre convivencia e fixemos un traballo sobre o noso dereito a ser ben tratados e o deber de tratar ben aos demais. O resultado explicámosllo aos nosos compañeiros e compañeiras  con esta presentación.

 Moi bo traballo!





miércoles, 2 de noviembre de 2022

viernes, 28 de octubre de 2022

MAGOSTO E SAMAÍN

 

Hoxe tivemos a festa do Magosto e do Samaín con disfraces, desfile, castañas asadas e moita diversión...

 Pero non só iso, tamén realizamos, xunto cos nosos titores de 6º, un retrato de outono segundo o estilo do pintor italiano Arcimboldo. Un día no que compartimos, convivimos, xogamos e pasámolo xenial. 





 Ademais, perante a semana, realizamos un fantástico mural, decoramos os nosos recipientes para as castañas e trouxemos as nosas  terroríficas cabazas que fixemos en familia.

Pinchade na imaxe para ver todas as fotos:

Finalmente, deixámosvos un vídeo do conto que lemos e interpretamos na biblioteca para todas as clases. Traballamos e esforzámonos moito. Parabéns!





lunes, 24 de octubre de 2022

VISITA DE LUCÍA E MOCHILA VIAXEIRA

 Hoxe visitounos Lucía, a nosa orientadora, para contarnos en que consiste o seu traballo e as diferentes vías de comunicación que podemos utilizar se necesitamos compartir con ela algunha cousa. 

Ensinounos como ao señor Potato e a ela lles saíron  ás e que se queremos tamén nós podemos ter as nosas, como no conto Totalmente Adrián.

Ademais  amosounos como a arte e as emocións están moi relacionadas, como os artistas as expresan nos seus cadros e que para regular os nosos sentimentos podemos empregar as nosas creacións artísticas. Visitade  o blogue Con rumbo para Emoción-Arte na seguinte ligazón:

EMOCIÓN-ARTE

Moitas grazas pola visita, Lucía!


E tamén hoxe comezamos coa actividade da Mochila viaxeira! 

 Está chea de fantásticas lecturas para gozar en familia e leva un caderno que podedes empregar para compartir a vosa experiencia connosco. Estamos desexando xa que nos toque, pero o primeiro vai ser Marco. Que sorte!



miércoles, 19 de octubre de 2022

ESTAMPACIÓN CON PICASSO

 Hoxe foi un día moi especial porque tivemos a sorte de que nos visitase Daniel, o pai de Daniela, para contarnos algunhas cousas moi interesantes sobre Picasso e a súa obra e tamén para realizar un obradoiro de estampación cos nenos e nenas. Aprendemos moitísimo e pasámolo xenial debuxando, recortando, pegando, estampando, creando ... e, sobre todo,  compartindo e convivindo.

Pinchade na imaxe  para ver algunhas fotos da actividade:

 Moitísimas grazas, Daniel, pola túa colaboración e aportación ao proxecto deste curso! Agardamos que poidas volver e seguir compartindo connosco a túa arte.