Hoxe, na nosa biblioteca tivemos a sorte de estar cunha contacontos que nos fixo rir, cantar e soñar. Pasámolo moi ben e gustaríanos que se volvese a repetir pronto.
Clica na foto.
Hoxe, na nosa biblioteca tivemos a sorte de estar cunha contacontos que nos fixo rir, cantar e soñar. Pasámolo moi ben e gustaríanos que se volvese a repetir pronto.
Clica na foto.
Durante catro meses a partir da segunda quincena de febreiro, o noso cole vai participar no programa " Snack Lab", contando coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro. Así, da man de Rosa, tivemos unha interesante charla para reflexionar sobre a importancia dunha alimentación saudable e como vai ser o funcionamto deste programa no cole.
Antes da visita de Rosa, durante a semana anterior, tivemos que facer un seguimento das merendas que traemos ao colexio todos os días, e démonos conta de que moitas veces non son moi saudables.
Rosa contounos moitas cousas interesantes, pero o que máis nos gustou, foi a idea de facer recetas saudables e moi ricas.
Este venres 3 de decembro fomos de excursión ao Muncyt. Fixemos unha actividade de electricidade e electrónica e poidemos visitar tamén as diferentes salas de exposicións.
O que mais nos impresionou e nos suscitou moitas preguntas e inquedanzas foi o Boeing 747, polo que decidimos facernos alí a foto de grupo.
Pincha na foto e poderás ver unha mostra do que fixemos ese día.
Todos os xoves no cole dedicarémolos a afondar un pouco nas nosas emocións, para aprender cousas tan importantes como que......a felicidade está dentro de un mesmo. Este xoves non puidemos empezar porque era un día moooi especial e tiñamos que adicarlle atención, pero transladamos a actividade para hoxe, venres.
Este libro que empezamos a ler hoxe, empeza por un conto moi especial que se titula " El tesoro más preciado", que trata sobre a confianza nun mesmo e como esa confianza nos axuda a ser felices. Tamén descubrimos que non temos que esperar que cambie o exterior para poder ser feliz, que cando estás ben contigo mesmo, podes conseguir os teus soños e acadar as túas metas.
Aínda temos moito que aprender e a profe díxonos que temos que adquirir ferramentas para conseguilo, nós aínda non sabemos moi ben que significa iso, pero teremos que estar cos cinco sentidos moi atentos e atentas.
Deixamos o conto para que poidades escoitalo e descubrir se tedes ese diamante do que falan os protagonistas.
Hoxe no cole foi un día especial porque como todos os anos, celebramos o " Día Internacional Contra a Violencia de Xénero". Durante toda a semana fomos preparando cousiñas para a elaboración dun traballo colaborativo de todos os nenos e nenas do cole, poderedes velo na páxina web e na entrada principal do Centro. Pero ademáis, fixemos tamén algún traballo individual para levar para a casa e algunha actividade xuntos nas aulas.
Se pinchades no vídeo poderedes ver a nosa pequena colaboración para concienciar da importancia de que as cousas poden cambiar se todos e todas queremos.
Recordades o taller de arte que fixemos cos plásticos que recollimos na praia? Pois fixemos unhas obras tan chulas que esta semana formaron parte dunha exposición na biblioteca do noso cole.
Este curso escolar traballaremos o consumo responsable e nós, os de 4º, queremos aproveitar as nosas creacións para aportar ao proxecto a nosa investigación sobre os perigos dos plásticos.