viernes, 5 de noviembre de 2021

 Os nenos e nenas de cuarto hoxe estamos emocionad@s porque por fin puidemos baixar á biblioteca do cole e poder pasar un tempiño lendo e curioseando. Estivemos moi concentrados aínda que estabamos nerviosos/as porque por esto da COVID non puidemos utilizar a nosa biblio dende había moito tempo.

Ademáis.......levamos libros en préstamo!


Este curso ademáis a biblioteca está cambiada e temos máis espazo para ler, imaxinar, crear e....deixar voar a nosa imaxinación.




martes, 2 de noviembre de 2021


"SE BUSCAN VALIENTES"


Hoxe, os nenos e nenas de 4º estivemos reflexionando sobre que era o acoso escolar e como podiamos axudar para que esto non sucedera. Para por en marcha o noso cerebro a pensar, fixemos o visionado da curta ( RAP), que podedes ver a continuación.


As nosa conclusión despois de ver a curta é a seguinte:
 Que o rap trasmite unha mensaxe inspiradora que nos fai reflexionar sobre a importancia de poñernos no lugar do outro, porque dese xeito poderemos entender como se sinten os nosos compañeiros e compañeiras e, si fose o caso, ser valentes para contalo e poder frenar que persoas coma nós sufran.



Porque a valentía está dentro do noso corazón.



viernes, 29 de octubre de 2021

Hoxe celebramos a festa do Samaín, Magosto e Halloween no cole. Este ano estivemos moi felices porque poidemos disfrutar dunha festa como faciamos antes da pandemia. Pero como unha imaxe vale máis ca mil palabras, abaixo podedes ver un pequeno resumen do noso día.



Seguro que vos encantou verdade? Pois anímovos a ver o vídeo da festa de todo o cole.



Espera, espera....non te vaias, aínda hai máis. Se pinchas na foto que hai abaixo, poderás ver as fotos na nosa aula.


Vémonos nuns días con máis cousas que contar. 







viernes, 22 de octubre de 2021

 SOMOS MAR II

Este venres tivemos no cole unha xornada creativa coa artista Ana María Cabanes. Continuando co traballo realizado na praia de recollida de plásticos, o  reto foi utilizalos para realizar a nosa obra de arte persoal. Para a súa elaboración contamos coa axuda da artista que nos aconsellou para que poidésemos plasmar toda a nosa creatividade.



Foi unha xornada moi divertida como podemos ver no vídeo, pero tamén aprendimos que debemos de ser máis conscientes e non encher o mar de plástico porque nun futuro non moi lonxano haberá no mar máis plásticos ca peixes.
Se che gustou o vídeo, pincha na imaxe e poderás ver as fotos da actividade. Seguro que che encantan!




Coidemos o noso mar !




jueves, 21 de octubre de 2021

 

Hi kids, next Thursday 28th October you are going to have Unit 1 test

Here you are some interactive activities to do a revision.

Remember: Use google chrome or safari



What’s the matter with you?

What’s the matter?

Who is who?

Describing people

I’ve got  long hair and blue eyes

Who is who in  the family

It’s easy peasy!

sábado, 16 de octubre de 2021

SOMOS MAR

 Este curso escolar inauguramos o blogue coa nosa primeira saída escolar. 

Estivemos coa artista Ana María Cabanes, que nos falou da importancia da responsabilidade de todos e todas para coidar o noso planeta.


Pasámolo moi ben e tamén aprendimos moito!

Clica na imaxe para ver as fotos da xornada

lunes, 14 de junio de 2021

EXCURSIÓN ALVARELLA

 O día 8 de xuño o alumnado de 4º de Primaria fixemos unha saída ao centro de ecoturismo Alvarella, onde poidemos gozar do rocódromo, actividades conxuntas e dun entorno privilexiado. Pasámolo moi ben !



                                       Fai clic na imaxe para ver as fotos