viernes, 22 de octubre de 2021

 SOMOS MAR II

Este venres tivemos no cole unha xornada creativa coa artista Ana María Cabanes. Continuando co traballo realizado na praia de recollida de plásticos, o  reto foi utilizalos para realizar a nosa obra de arte persoal. Para a súa elaboración contamos coa axuda da artista que nos aconsellou para que poidésemos plasmar toda a nosa creatividade.



Foi unha xornada moi divertida como podemos ver no vídeo, pero tamén aprendimos que debemos de ser máis conscientes e non encher o mar de plástico porque nun futuro non moi lonxano haberá no mar máis plásticos ca peixes.
Se che gustou o vídeo, pincha na imaxe e poderás ver as fotos da actividade. Seguro que che encantan!




Coidemos o noso mar !




No hay comentarios:

Publicar un comentario