miércoles, 28 de mayo de 2025

VISITA AO PORTO DA CORUÑA

 A Autoridade Portuaria de A Coruña, co fin de facilitar a vinculación da ciudad co seu porto, ofrece aos escolares a posibilidade de realizar visitas didácticas as súas instalacións para que coñezan as labores e traballos que se realizan no Porto Interior e a importancia destas actividades portuarias para o desenvolvemento, tanto social como económico, da cidade. 

Hoxe o alumnado de 4º realizamos esta visita percorrendo diversas zonas do Porto Interior de A Coruña  e a Lonxa. 

Tamén tivemos a sorte de poder coñecer o centro de coordinación e seguridade do porto e ata un coche da policía portuaria. Agradecemos moito a amabilidade con que se nos tratou.

 E finalizamos a xornada merendando e xogando nos arredores da Torre de Hércules.

Pinchade na imaxe para ver as fotos da visita



 


No hay comentarios:

Publicar un comentario