miércoles, 25 de mayo de 2022

Curso de iniciación á vela.

 Este novo día de curso de vela era moi desexado por nós, porque algúns e algunhas iamos a navegar xa solos/as. Utilizamos unha embarcación chamada "cadete" na que viaxan dúas persoas e outra chamada " optimist" no que navegas de forma individual. Outro grupo navegou no velero grande chamado " crucero".

Pasámolo de maravilla e os monitores felecitáronnos porque nos portamos moi ben e tamén porque soubemos poñer en práctica o aprendido en días anteriores.

Ao final do curso puidémonos dar un baño cortiño antes de volver ao cole, ao que regresamos cheos e cheas de emoción pola nosa aventura no mar.

pincha na foto e séntate para emocionarte!😊




No hay comentarios:

Publicar un comentario