lunes, 30 de septiembre de 2024
BENVIDOS A 4º
4ºA
4º B
miércoles, 29 de mayo de 2024
VISITA Á DOMUS
Hoxe fomos de excursión á Domus, na Coruña. A actividade proposta que tiñamos era sobre o corazón. Ao principio pensamos que non nos ía gustar moito porque nos dixeron que facería unha disección dun corazón e a nosa cabeciña empezou a imaxinar cousas. Pero os nosos medos eran iso, so medos, porque a científica que realizou a actividade explicounos moi ben todo o que tiñamos que saber sobre o corazón e de forma moi sinxela. E o mellor é que puidemos observar todo cun corazón de verdade!
Despios, puidemos experimentar e tocar todo o que había no museo. Estivemos aprendendo e xogando polas tres plantas e.....a verdade.... non nos chegou o tempo a nada.
Unha experiencia formidable!
Pincha na imaxe para ver as fotos da xornada.
miércoles, 8 de mayo de 2024
OBRADOIRO AUGAS DE GALICIA
Hoxe asistimos a un obradoiro lúdico realizado por Augas de Galicia, dentro da campaña de concienciación sobre inundacións por desbordamento dos ríos.
Xa que o noso cole está situado nunha zona especialmente vulnerable, este taller ensinounos moitas cousas sobre o crecemento dos ríos, as súas consecuencias e aínda que non o creades, os seus beneficios.
martes, 7 de mayo de 2024
DETECTIVES DA MOVILIDADE
Unha vez realizado o diagnóstico inicial dos percorridos e a fin de trazar os roteiros seguros desde os domicilios ao cole, unha das actuacións específicas para mellorar as condicións de accesibilidade e mobilidade do centro escolar é a realización da actividade "Detectives da mobilidade."
Na mesma, o alumnado tentará detectar e anotar todo aquilo que poida resultar útil para describir se é seguro ir andando ao colexio, así como participar nas propostas de melloras dos distintos percorridos inicialmente establecidos.
Podedes ver as fotos da xornada pinchando na imaxe.
jueves, 2 de mayo de 2024
A MAXIA DA COMPOSTAXE
A través do Programa Educando na Biosfera, e realizado a cargo dos membros Down Coruña, o alumnado de 4º de EP realizou un taller sobre a compostaxe.
A actividade consistiu en poñer en coñecemento do alumnado a problemática e a solución, onde a través dunha maneira mais amena e parrticipativa aprenderon como se realizaba o compost e que se pode utilizar para facer o mesmo de xeito correcto.
Podes ver as fotos da actividade pinchando na foto.
martes, 23 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO
Hoxe, pola festividade do día do libro tivemos no patio unha actividade como padriños lectores co alumnado de 5º e 6º de EI. Gustounos moito a experiencia e pasámolo moi ben. Os nenos e nenas pequenas estiveron moi atentos/as aos contos e portáronse moi ben.
Pincha na imaxe para ver as fotos.
ACTIVIDADE DE BALONMÁN
Hoxe disfrutamos dunha clase de práctica de balonmán da man da FGB, que, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Sada, organiza do venres 3 ao domingo 5 de maio, unha proba do circuito de balonmán na rúa 5x5, no que poderá participar alumnado de 3º,4º,5º e 6º de EP.
Pincha na imaxe para ver as fotos da actividade.







