miércoles, 19 de marzo de 2025

PREMIOS PALABREANDO

 No mes de febreiro  o gañador do concurso Palabreando foi Mateo.

Moitos parabéns! 

Animádevos a participar no mes de marzo facendo dúas viñetas coas palabras elixidas!


miércoles, 12 de marzo de 2025

INTRODUCIÓN Á ELECTRÓNICA

 O noso centro participa no programa de innovación educativa Polos creativos, que ten como obxectivo final o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade
educativa e o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe.

Hoxe as nosas clases realizaron unha actividade, enmarcada neste programa, de introdución á electrónica, na que aprendemos de xeito práctico como realizar un sinxelo circuíto eléctrico. 

Gustounos moito e estivemos moi concentrados durante toda a sesión.

Pinchade na imaxe para ver as fotos da actividade


 

martes, 11 de marzo de 2025

SUPERHEROÍNAS 8 DE MARZO

Hoxe compartimos convosco as superheroínas que creamos para a conmemoración do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller.

PARABÉNS POR TANTA CREATIVIDADE!

Pinchade na imaxe para velas  


viernes, 7 de marzo de 2025

SAÚDOS

 Na clase de Educación Física fixemos unha actividade de saúdos por equipos.

Pinchade nas imaxes para acceder aos álbums de cada clase.