miércoles, 5 de febrero de 2025
viernes, 31 de enero de 2025
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
Hoxe tivemos unha fantástica xornada de convivencia na que todo o cole compartimos e xogamos xuntos para conmemorar o Día Escolar da non Violencia e da Paz.
Pasámolo xenial!
Podedes ver as fotos pinchando na imaxe
jueves, 30 de enero de 2025
miércoles, 29 de enero de 2025
PLAN PROXECTA TALLER MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA
Hoxe visitáronnos dous técnicos de Educación Vial da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña para promover hábitos de desprazamento máis seguros, activos e sostibles.
Explicáronnos de maneira lúdica e con exemplos prácticos as normas básicas que temos que seguir como peatóns, condutores de bicicletas e usuarios dos transportes públicos e privados.
Podedes ver algunhas fotos das sesións pinchando na imaxe
lunes, 27 de enero de 2025
PROGRAMA TEI BÚSCANSE VALENTES
Estes días realizamos unha actividade do PROGRAMA TEI a partires da canción do Langui "Se buscan valientes".
Reflexionamos e debatemos sobre quen son os valentes e como podemos actuar ante diferentes situacións de acoso escolar, como poñéndonos no lugar dos demais, identificando as sinais, uníndonos e non permanecendo calados ante o abuso.
Aprendemos que a forza do valente está no corazón, polo que escribimos e decoramos os nosos corazóns con frases da canción, e ata nos atrevemos con algunha estrofa.












.png)