jueves, 24 de octubre de 2024

VISITA MUSEO DO HUMOR


 Hoxe realizamos a primeira saída deste curso visitando o Museo do Humor de Fene e a súa Biblioteca Municipal.

Foi unha xornada moi completa, na que nos divertimos cunha búsqueda do tesouro sobre as distintas seccións da biblioteca e disfrutamos arrodeados deses libros que tanto nos gustan. E ata recibimos uns agasallos estupendos!

Tamén nos contaron  quen é Xaquín Marín e a historia do Museo do Humor, no que visitamos varias salas con multitude de obras que nos gustaron moito, especialmente na sala do cómic.

 E pasamos un ratiño estupendo cos espellos especiais que teñen.

Podedes ver as fotos desta saída pinchando na imaxe




martes, 22 de octubre de 2024

PITUFOS E SUPERLÓPEZ

Hoxe Lecturitas propúxonos unha nova misión para este curso,  despois de viaxar todo o verán pola nosa contorna e chegar á cidade da Coruña: 

Investigar sobre uns personaxes moi especiais que foi atopando.

 En 4º A tocáronnos OS PITUFOS e en 4º B, SUPERLÓPEZ.

Deste xeito iniciamos o proxecto no que traballaremos este  curso.

Estades preparados?


lunes, 21 de octubre de 2024

BENESTAR EMOCIONAL

Estes días realizamos unha actividade relacionada coa nosa saúde chamada Coido de min, na que a partires dun estímulo audiovisual sobre os costumes dos animais, reflexionamos sobre diferentes hábitos saudables. 


 E como traballamos moito sobre os hábitos  tamén en Ciencias da Natureza, aquí tedes esta aventura saudable na que teredes que tomar importantes decisións para avanzar na historia. A ver se superades todos os retos...

IMOS DE ACAMPADA 

OS NOSOS ANIVERSARIOS

 


miércoles, 9 de octubre de 2024

PROXECTO OS NOSOS REFUGALLOS

 Este curso os nenos e nenas de 4º estamos a desenvolver en PC un proxecto de investigación sobre os diferentes residuos e a maneira de optimizar a súa recollida.  

De superheroes e superheroínas da enerxía a superheroes e superheroínas da reciclaxe! 

Participamos  con Ecoembes no proxecto Naturalizahttps://www.naturalizaeducacion.org,  que quere impulsar a presencia do medio ambiente na Educación Primaria a través dunha aposta transversal de aprendizaxe cooperativo no que involucraremos a todo o alumnado. 

Desde Naturaliza facilitáronnos papeleiras amarelas e azuis para a reciclaxe.

Para coñecer que envases teñen que ir en cada colector visita a páxina 

COLECTORES

Pinchando na imaxe podedes ver as fotos das sesións de montaxe