lunes, 21 de octubre de 2024

BENESTAR EMOCIONAL

Estes días realizamos unha actividade relacionada coa nosa saúde chamada Coido de min, na que a partires dun estímulo audiovisual sobre os costumes dos animais, reflexionamos sobre diferentes hábitos saudables. 


 E como traballamos moito sobre os hábitos  tamén en Ciencias da Natureza, aquí tedes esta aventura saudable na que teredes que tomar importantes decisións para avanzar na historia. A ver se superades todos os retos...

IMOS DE ACAMPADA 

OS NOSOS ANIVERSARIOS

 


miércoles, 9 de octubre de 2024

PROXECTO OS NOSOS REFUGALLOS

 Este curso os nenos e nenas de 4º estamos a desenvolver en PC un proxecto de investigación sobre os diferentes residuos e a maneira de optimizar a súa recollida.  

De superheroes e superheroínas da enerxía a superheroes e superheroínas da reciclaxe! 

Participamos  con Ecoembes no proxecto Naturalizahttps://www.naturalizaeducacion.org,  que quere impulsar a presencia do medio ambiente na Educación Primaria a través dunha aposta transversal de aprendizaxe cooperativo no que involucraremos a todo o alumnado. 

Desde Naturaliza facilitáronnos papeleiras amarelas e azuis para a reciclaxe.

Para coñecer que envases teñen que ir en cada colector visita a páxina 

COLECTORES

Pinchando na imaxe podedes ver as fotos das sesións de montaxe


 


martes, 8 de octubre de 2024

PALABREAMOS?

 Neste mes de outubro comezamos coa proposta do EDLG Palabreando.

Queredes saber en que consiste?  Podedes velo no seguinte cartel.

De momento estamos aprendendo novo vocabulario en galego e agardamos poñer en marcha a nosa creatividade para participar no concurso. 

Xa vos contaremos...



martes, 1 de octubre de 2024

VISITA DE LUCÍA, A ORIENTADORA

 Hoxe o alumnado de 4º recibimos a visita de Lucía, a nosa orientadora, para contarnos, coa axuda de Potato, en que consiste o seu traballo e o que temos que facer se necesitamos axuda para solucionar algún problema.

Tamén nos trouxo unha novela gráfica sen letras, pero chea de luz, que nos encantou. Pequeñas cosas é a historia dun neno que se sinte só, pero que pouco a pouco entende  que a axuda que necesita está moi preto.
 





lunes, 30 de septiembre de 2024

BENVIDOS A 4º


 
 Este curso as dúas clases de 4º de EP comezamos unha nova aventura con ilusión e ganas de aprender. 
 Iremos compartindo neste blog fotos, vídeos, actividades e moitas cousas máis para que poidades acompañarnos.
ADIANTE!

4ºA

                                         4º B

 
Hoxe queremos compartir o vídeo que nos mandaron desde a ONG ÁFRICA SAWABONA, coa chegada das pastas dentais que recollemos o curso pasado, á escola de Yamousa, no Senegal. 
Moitísimas grazas pola vosa colaboración e parabéns ao alumnado de 2º ciclo polo seu esforzo e traballo neste fermoso proxecto.