lunes, 21 de octubre de 2024
lunes, 14 de octubre de 2024
miércoles, 9 de octubre de 2024
PROXECTO OS NOSOS REFUGALLOS
Este curso os nenos e nenas de 4º estamos a desenvolver en PC un proxecto de investigación sobre os diferentes residuos e a maneira de optimizar a súa recollida.
De superheroes e superheroínas da enerxía a superheroes e superheroínas da reciclaxe!
Participamos con Ecoembes no proxecto Naturalizahttps://www.naturalizaeducacion.org, que quere impulsar a presencia do medio ambiente na Educación Primaria a través dunha aposta transversal de aprendizaxe cooperativo no que involucraremos a todo o alumnado.
Desde Naturaliza facilitáronnos papeleiras amarelas e azuis para a reciclaxe.
Para coñecer que envases teñen que ir en cada colector visita a páxina
Pinchando na imaxe podedes ver as fotos das sesións de montaxe
martes, 8 de octubre de 2024
PALABREAMOS?
Neste mes de outubro comezamos coa proposta do EDLG Palabreando.
Queredes saber en que consiste? Podedes velo no seguinte cartel.
De momento estamos aprendendo novo vocabulario en galego e agardamos poñer en marcha a nosa creatividade para participar no concurso.
Xa vos contaremos...
martes, 1 de octubre de 2024
VISITA DE LUCÍA, A ORIENTADORA
Hoxe o alumnado de 4º recibimos a visita de Lucía, a nosa orientadora, para contarnos, coa axuda de Potato, en que consiste o seu traballo e o que temos que facer se necesitamos axuda para solucionar algún problema.
Tamén nos trouxo unha novela gráfica sen letras, pero chea de luz, que nos encantou. Pequeñas cosas é a historia dun neno que se sinte só, pero que pouco a pouco entende que a axuda que necesita está moi preto.
lunes, 30 de septiembre de 2024
BENVIDOS A 4º
4ºA
4º B
miércoles, 29 de mayo de 2024
VISITA Á DOMUS
Hoxe fomos de excursión á Domus, na Coruña. A actividade proposta que tiñamos era sobre o corazón. Ao principio pensamos que non nos ía gustar moito porque nos dixeron que facería unha disección dun corazón e a nosa cabeciña empezou a imaxinar cousas. Pero os nosos medos eran iso, so medos, porque a científica que realizou a actividade explicounos moi ben todo o que tiñamos que saber sobre o corazón e de forma moi sinxela. E o mellor é que puidemos observar todo cun corazón de verdade!
Despios, puidemos experimentar e tocar todo o que había no museo. Estivemos aprendendo e xogando polas tres plantas e.....a verdade.... non nos chegou o tempo a nada.
Unha experiencia formidable!
Pincha na imaxe para ver as fotos da xornada.
.png)

.png)








