martes, 8 de octubre de 2024

PALABREAMOS?

 Neste mes de outubro comezamos coa proposta do EDLG Palabreando.

Queredes saber en que consiste?  Podedes velo no seguinte cartel.

De momento estamos aprendendo novo vocabulario en galego e agardamos poñer en marcha a nosa creatividade para participar no concurso. 

Xa vos contaremos...



martes, 1 de octubre de 2024

VISITA DE LUCÍA, A ORIENTADORA

 Hoxe o alumnado de 4º recibimos a visita de Lucía, a nosa orientadora, para contarnos, coa axuda de Potato, en que consiste o seu traballo e o que temos que facer se necesitamos axuda para solucionar algún problema.

Tamén nos trouxo unha novela gráfica sen letras, pero chea de luz, que nos encantou. Pequeñas cosas é a historia dun neno que se sinte só, pero que pouco a pouco entende  que a axuda que necesita está moi preto.
 





lunes, 30 de septiembre de 2024

BENVIDOS A 4º


 
 Este curso as dúas clases de 4º de EP comezamos unha nova aventura con ilusión e ganas de aprender. 
 Iremos compartindo neste blog fotos, vídeos, actividades e moitas cousas máis para que poidades acompañarnos.
ADIANTE!

4ºA

                                         4º B

 
Hoxe queremos compartir o vídeo que nos mandaron desde a ONG ÁFRICA SAWABONA, coa chegada das pastas dentais que recollemos o curso pasado, á escola de Yamousa, no Senegal. 
Moitísimas grazas pola vosa colaboración e parabéns ao alumnado de 2º ciclo polo seu esforzo e traballo neste fermoso proxecto.
 

 
 

miércoles, 29 de mayo de 2024

VISITA Á DOMUS

Hoxe fomos de excursión á Domus, na Coruña. A actividade proposta que tiñamos era sobre o corazón. Ao principio pensamos que non nos ía gustar moito porque nos dixeron que facería unha disección dun corazón e a nosa cabeciña empezou a imaxinar cousas. Pero os nosos medos eran iso, so medos, porque a científica que realizou a actividade explicounos moi ben todo o que tiñamos que saber sobre o corazón e de forma moi sinxela. E o mellor é que puidemos observar todo cun corazón de verdade! 

Despios, puidemos experimentar e tocar todo o que había no museo. Estivemos aprendendo e xogando polas tres plantas e.....a verdade.... non nos chegou o tempo a nada.

Unha experiencia formidable!

Pincha na imaxe para ver as fotos da xornada.





miércoles, 8 de mayo de 2024

OBRADOIRO AUGAS DE GALICIA

 Hoxe asistimos a un obradoiro lúdico realizado por Augas de Galicia, dentro da campaña de concienciación sobre inundacións por desbordamento dos ríos.

Xa que o noso cole está situado nunha zona especialmente vulnerable, este taller ensinounos moitas cousas sobre o crecemento dos ríos, as súas consecuencias e aínda que non o creades, os seus beneficios.




martes, 7 de mayo de 2024

DETECTIVES DA MOVILIDADE

 Unha vez realizado o diagnóstico inicial dos percorridos e  a fin de trazar os roteiros seguros desde os domicilios ao cole, unha das  actuacións específicas para mellorar as condicións de accesibilidade e mobilidade do centro escolar é a realización da actividade "Detectives da mobilidade."

Na mesma, o alumnado tentará detectar e anotar todo aquilo que poida resultar útil para describir se é seguro ir andando ao colexio, así como participar nas propostas de melloras dos distintos percorridos inicialmente establecidos.

Podedes ver as fotos da xornada pinchando na imaxe.



jueves, 2 de mayo de 2024

A MAXIA DA COMPOSTAXE

 A través do Programa Educando na Biosfera, e realizado a cargo dos membros Down Coruña, o alumnado de 4º de EP realizou un taller sobre a compostaxe.

A actividade consistiu en poñer en coñecemento do alumnado a problemática e a solución, onde a través dunha maneira mais amena e parrticipativa aprenderon como se realizaba o compost e que se pode utilizar para facer o mesmo de xeito correcto.

Podes ver as fotos da actividade pinchando na foto.