viernes, 8 de marzo de 2024

TODAS E TODOS CONTAMOS

 O martes participamos nunha actividade de afundación na que nos convertimos por un momento en malabaristas do circo. A través de xogos circenses compartimos con todos os compañeiros e compañeiras o valor do esforzo, o respecto a empatía e a aceptación do diferente. Estas son algunhas das ensinanzas da actividade, que foi impartida por personas con diversidade funcional.

O alumnado pasouno xenial !

Podedes ver al fotos e algún vídeo pinchando na imaxe.











sábado, 17 de febrero de 2024

Aniversarios en 4ºB

 Esta semana estiveron de aniversario Ciprian y Marcos.


Parabéns Ciprian e Marcos!

E CON FEBREIRO CHEGOU O ENTROIDO

 E con febreiro chegou o entroido e a festa. Foron unhas semanas de traballo creando os disfraces e preparando o pasarúas. Finalmente, o tempo non nos permitiu sair polas rúas, pero fixemos unha festa no cole con música, bailes, churros e un chocolate ben quentiño.

Podedes ver algunhas fotos pinchando na imaxe.




viernes, 16 de febrero de 2024

Día da Internet Segura

 O 6 de febreiro celebramos o Día da Internet Segura. Para conmemoralo no cole o alumnado participou nun taller online sobre o respecto e a responsabilidade no uso da Internet. O alumnado, ademáis de atender aos conceptos máis teóricos puido facer unha actividade práctica e outra gamificada.

Podedes ver algunhas fotos pinchando na imaxe.




TEI: EMPATÍA, REPECTO E BOAS PRÁCTICAS DAS TIC.

 Con esta nova actividade do programa, o programa TEI pretende sensibilizar ao alumnado dos perigos da Internet coma o ciber-acoso. Con esta nova actividade, o alumnado deberá poñerse no lugar do acosado e o acosador e que poidan observar os danos que pode ocasionar un mal emprego do uso das tecnoloxías.





viernes, 2 de febrero de 2024

Aniversario de Nathan

 FELICITAMOS A NATHAN POLO SEU ANIVERSARIO



🝀

                                      DESEXAMOS QUE DISFRUTES DO TEU DÍA!

martes, 30 de enero de 2024

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz cun acto de todo o cole. Realizamos o ritual Sawabona, entregando unhas bolboretas con palabras positivas entre as clases. Quen as entregada dicía " sawabona" ( Eu respéctote, valórote, es importante para min)e quen as recibía respondía " shicoba"( entón, eu existo para tí).

Ademáis durante esta semana participamos nun mural colectivo titulado respéctote, valórote, ti es importante para min, pintando unhas bolboretas nunha das partes do colexio, para reivindicar valores de empatía e solidariedade.

Podes ver as fotos pinchando na imaxe.