lunes, 6 de marzo de 2023
viernes, 3 de marzo de 2023
VISITA Á FUNDACIÓN ABANCA : NAUTILUS
Hoxe realizamos unha saída á Fundación ABANCA para ver a obra Nautilus, 20.000 légoas de viaxe submarina, unha versión da clásica novela cunha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta. A historia que contaría Xulio Verne hoxe en día.
A compañía La Negra conta como o Capitán Nemo vive a bordo do submarino Nautilus percorrendo os océanos de todo o mundo, pero dase conta de que a vida marina está en perigo e proponse evitalo coa axuda do profesor Aronnax.
Gustounos moito a obra e estamos dispostos a axudar ao Capitán Nemo a salvar os océanos.
Podedes ver algunhas fotos da saída pinchando na imaxe
martes, 28 de febrero de 2023
PROGRAMA TEI A ESTRELA DO SHERIFF
Continuamos no Programa TEI coa realización da actividade A estrela do sheriff, que ten como finalidade que os alumnos e alumnas aprendan a reaccionar ante o dano que pode ocasionar un mal emprego das novas tecnoloxías e as redes sociais.
A partires dunha curta reflexionamos sobre o ciberacoso e tentamos poñernos na pel de acosados, testemuñas e acosadores, e tamén das súas familias, para relacionarnos dun xeito correcto e san na internet.
Recollemos as nosas aportacións nestes carteis:
jueves, 23 de febrero de 2023
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía polo aniversario do seu nacemento.
Na nosa clase fixemos un mural creando poesías a partires da Alborada que escribiu a escritora dentro de Cantares Gallegos e repasamos algúns datos da súa biografía xogando e aprendendo.Aquí tedes un vídeo de UXÍA cantando o poema de Rosalía.
viernes, 17 de febrero de 2023
CHEGOU O ENTROIDO
Esta semana celebramos o Entroido cos Mandados do Meco e hoxe rematamos cunha festa fantástica con desfile, baile e doces. O noso cole encheuse de arte, cor e moita diversión.
Podedes ver as fotos pinchando na imaxe e tamén na web do cole
FELIZ ENTROIDO!
martes, 7 de febrero de 2023
DÍA MUNDIAL DA INTERNET SEGURA
Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Internet segura cun taller en liña interactivo para axudar ao noso alumnado a desenvolver as súas competencias dixitais realizando un uso seguro e responsable. A actividade que desenvolvemos foi Detecta a fraude en vídeoxogos. Aprendemos a detectar páxinas falsas e mensaxes enganosos a través de diferentes exemplos e xogamos a un Kahoot. Ademais facilitáronnos diversos recursos para seguir practicando na casa.
Podedes ver algunhas fotos da sesión pinchando na imaxe









