jueves, 2 de febrero de 2023

MODELAXE CON BARRO

 Hoxe realizamos na clase un obradoiro  con barro da man da monitora Margarita Hence. Aplicamos diferentes técnicas de modelaxe para elaborar pequenas esculturas relacionadas co mar, que será o tema central do noso proxecto CREARTE este trimestre. Desenvolvemos así a nosa creatividade expresándonos a través da arte. E agora falta pintalas cando xa pasen polas etapas de cocción e secado. 

Desfrutamos  moito con esta actividade e tamén nos demos conta do difícil que pode ser o traballo dos escultores.

Moitísimas grazas á monitora por ensinarnos tantas cousas! Encantounos a actividade.

E  parabéns aos nenos e nenas polo seu esforzo e traballo!  

Podedes ver algunhas esculturas e fotos da sesión pinchando na imaxe.



lunes, 30 de enero de 2023

CONSTRUÍNDO UN MUNDO DE SORRISOS

  Hoxe celebramos o Día Internacional da Non Violencia e da Paz realizando un acto conxunto baixo o lema Construíndo un mundo de sorrisos, no que cada un pegamos o noso sorriso nunha escultura do  colexio. Tamén cantamos Que bonito e recitamos a Cantarela da Paz de Neira Vilas.

Ademais  realizamos diferentes actividades na aula para traballar este tema tan importante, reflexionando sobre as consecuencias que ten a guerra na nosa sociedade. 

E para rematar deseñamos  unha escultura móbil con pombas e uns colares conmemorativos. 


 Podedes ver fotos e vídeos desta xornada na páxina web do cole e algunhas máis pinchando na imaxe.  




lunes, 23 de enero de 2023

COÑECE O MEU CLUB

Dentro do programa XOGADE atópase a actividade Coñece o meu club, na que o noso alumnado realiza unha sesión práctica e lúdica da man dos técnicos do Club Taekwondo de Sada. Así, foméntase a práctica da actividade física coa finalidade de conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables.

Hoxe os nenos e nenas  de 4º puidemos desfrutar desta sesión que nos gustou moito.

               Pinchade na imaxe para ver todas as fotos e vídeos da actividade.

               Pasámolo xenial!



miércoles, 18 de enero de 2023

ROCHAS, MINERAIS E VOLCÁNS

 Estamos a traballar na clase a xeosfera e as formas do relevo. Por iso, hoxe Dante tróuxonos a súa colección de rochas e minerais, xunto coas fichas informativas de cada unha. Aprendemos e desfrutamos moito e agora cada un de nós terá que investigar un pouco máis sobre elas.

Ademais, Marco ensinounos a súa fantástica maqueta dun volcán. 

Moitas grazas aos dous! Parabéns polo voso traballo e interese!






martes, 10 de enero de 2023

PROGRAMA TEI LEVÁMOLO DENTRO

 Hoxe realizamos unha nova actividade do Programa TEI. A partires do vídeo Levámolo dentro, no que se ve a actuación grupal de torres humanas na catedral de Girona, traballamos a importancia de ser un equipo; cada un dos integrantes é fundamental e ninguén pode quedar fóra. Así, entendemos que cada un de nós é imprescindible na clase, aportando as súas cualidades positivas, valores e actitudes. Ao final adquirimos como compromiso de clase mellorar ese traballo de grupo.

 



 


lunes, 9 de enero de 2023

PINTANDO SENTIMENTOS

 Comezamos este novo trimestre amosándovos o noso traballo para o PROXECTO CREARTE.

PINTANDO SENTIMENTOS recolle a nosa visión da pintura que nos emociona e que, neste caso, centramos en Picasso e o cubismo, Luis Seoane e Van Gogh. 

Quero felicitar ao alumnado de 4º por todo o esforzo e ilusión que puxeron en cada unha das obras realizadas. Sodes uns artistazos!

Finalmente compartimos o noso traballo nunhas xornadas nas que percorremos as salas dos outros cursos e explicámoslles aos demais cada parte do  noso museo.

Foi unha experiencia moi bonita  e enriquecedora.



Podedes ver as exposicións , fotos e vídeos na páxina web do cole.

E pinchando na imaxe tedes algunhas fotos máis do noso curso.



MOITOS PARABÉNS, LEILA E BREIXO!



                         FELIZ ANIVERSARIO!