martes, 10 de enero de 2023

PROGRAMA TEI LEVÁMOLO DENTRO

 Hoxe realizamos unha nova actividade do Programa TEI. A partires do vídeo Levámolo dentro, no que se ve a actuación grupal de torres humanas na catedral de Girona, traballamos a importancia de ser un equipo; cada un dos integrantes é fundamental e ninguén pode quedar fóra. Así, entendemos que cada un de nós é imprescindible na clase, aportando as súas cualidades positivas, valores e actitudes. Ao final adquirimos como compromiso de clase mellorar ese traballo de grupo.

 



 


lunes, 9 de enero de 2023

PINTANDO SENTIMENTOS

 Comezamos este novo trimestre amosándovos o noso traballo para o PROXECTO CREARTE.

PINTANDO SENTIMENTOS recolle a nosa visión da pintura que nos emociona e que, neste caso, centramos en Picasso e o cubismo, Luis Seoane e Van Gogh. 

Quero felicitar ao alumnado de 4º por todo o esforzo e ilusión que puxeron en cada unha das obras realizadas. Sodes uns artistazos!

Finalmente compartimos o noso traballo nunhas xornadas nas que percorremos as salas dos outros cursos e explicámoslles aos demais cada parte do  noso museo.

Foi unha experiencia moi bonita  e enriquecedora.



Podedes ver as exposicións , fotos e vídeos na páxina web do cole.

E pinchando na imaxe tedes algunhas fotos máis do noso curso.



MOITOS PARABÉNS, LEILA E BREIXO!



                         FELIZ ANIVERSARIO!

jueves, 22 de diciembre de 2022

BO NADAL!

Chegou o Nadal ao cole e hoxe celebramos unha xornada de festa na que tivemos chocolatada, visita dos Reis Magos, badaladas, manualidades e intercambio de postais co amigo invisible. Pasámolo xenial!

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos. Tamén podedes visitar a web do cole para ver máis fotos e vídeos.

 

    

      DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTAS!


miércoles, 21 de diciembre de 2022

lunes, 19 de diciembre de 2022

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 Hoxe queremos felicitar a Joao por ser un dos gañadores do concurso de postais do Concello.

Moitos parabéns!


 



miércoles, 14 de diciembre de 2022

PROGRAMA TEI BÚSCANSE VALENTES

 A partir do rap chamado "Se buscan valentes", canción que forma parte dun proxecto de comunicación social, e que o canta Langui, fixemos a actividade do Programa TEI que ten como obxectivo concienciar, detectar e axudar a combater o acoso escolar. O obxectivo final é que o alumnado cando sexa testemuña de situacións inxustas ou de abusos á compañeiros/as, non miren cara outro lado, sexan valentes e den a cara.

  E lembrade que a forza do valente está no corazón!

 Aquí vos deixamos  unha pequena versión da canción que realizamos na clase.