viernes, 9 de diciembre de 2022

REPRESENTAMOS OS CADROS DE LUIS SEOANE

Seguimos a traballar no proxecto CREARTE e nesta ocasión quixemos representar algúns cadros de Luis Seoane. Gustounos moito a actividade e ademais o resultado foi moi orixinal. Parabéns!



MOITA SORTE, CARLA!

 Hoxe despedimos a Carla, que comeza unha nova etapa noutro colexio. Fixémoslle un pequeno agasallo coas nosas mensaxes de agarimo.


                   Desexamos que che vaia moi ben!

 

MOITOS PARABÉNS, JOAO E VICKY!

 



                     FELIZ ANIVERSARIO!

miércoles, 7 de diciembre de 2022

ALGUNHAS DAS NOSAS OBRAS

 Hoxe comezamos a colocar algunhas das obras que fixemos para o PROXECTO CREARTE.

 Sodes uns artistazos e artistazas!











viernes, 2 de diciembre de 2022

DÍA DA DISCAPACIDADE CARREIRA ENKI


 Hoxe foi un día moi especial no noso cole porque puidemos desfrutar da nosa propia CARREIRA ENKI con motivo da celebración o 3 de decembro do Día da Discapacidade. Trátase dunha proba lúdica, non competitiva, que a través do xogo promove a inclusión, o respecto e a educación na diversidade. 

 Corre por un mundo  imperfecto

 Voa por un mundo imperfecto

 

 Podedes  ver o ben que o pasamos pinchando na imaxe.



viernes, 25 de noviembre de 2022

25N Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

 Hoxe conmemoramos este día tan importante cun acto colectivo  baixo o lema Que ninguén prenda as túas ás. 

  Cada un de nós decorou unha bolboreta con frases reivindicativas da loita contra a violencia de xénero e lanzámolas todos xuntos para simbolizar a necesidade de ser libres en igualdade. Tamén abriron as súas ás as bolboretas de todas as clases. Ademais houbo un manifesto e unha canción relacionadas coa conmemoración.

Podedes ver máis  fotos pinchando na imaxe e tamén na páxina web do cole. 


 

miércoles, 23 de noviembre de 2022

SAÍDA MUSEO BELAS ARTES

Hoxe realizamos a saída dinamizada ao Museo de Belas Artes Liña. Mancha. Cor. Puidemos percorrer varias salas do museo para descubrir e entender obras de distintos períodos históricos, aprendendo e xogando. E tamén coñecemos mellor a algúns pintores, as técnicas que se utilizaban e as historias que se atopan detrás de cada pintura, como, por exemplo, o mito de Ícaro e Dédalo.


 

Pero o que máis nos gustou foi poder ver algunhas das obras orixinais de Luis Seoane, que tan ben coñeciamos xa polo noso Tarabelo. 

Podedes ver as pinturas que fixemos noutra entrada do blogue.



 Ademais, trouxemos unha tarefa pendente, que consiste en completar manchas de cor para convertilas coa nosa creatividade en algo que poidamos recoñecer.  Xa vos ensinaremos o resultado.

Encantounos este museo e seguro que repetiremos!

Pinchade na imaxe para ver todas as fotos.