lunes, 17 de octubre de 2022
viernes, 14 de octubre de 2022
CREARTE E O SOÑO DE MATÍAS
Hoxe puidemos visitar a biblioteca para coñecer o proxecto CREARTE e a misión que nos preparou Lecturitas para este curso a partires do conto O soño de Matías, que non é outra que encher de arte a nosa escola traballando sobre pintura, escultura e arquitectura. Pareceunos xenial e xa estamos desexando comezar para que o noso colexio sexa o mellor museo do mundo.
martes, 11 de octubre de 2022
viernes, 7 de octubre de 2022
BIBLIOCAIXA, LECTURAS E ALGÚN SEGREDO...
Xa temos na clase a bibliocaixa que nos aportan desde a biblioteca do cole para que desfrutemos da lectura.
Son libros e contos que podemos utilizar na Hora de ler e que Lecturitas seleccionou para nós.
Entre as diferentes propostas, esta semana Alejandra, Sara, Daniela e Leila, elixiron para lernos dous libros preciosos, Yo voy conmigo e Yo soy, de Raquel Díez Reguera. A historia dunha nena especial con ás e moitos paxaros na cabeza, e de Martín, un neno moi popular que se fixa nela.
Déixovos un vídeo no que Rozalen pon voz e corazón a un destes contos.
Tamén queremos lembrarvos que visitedes o blogue Lecturitas, moito conto.
E para rematar aquí tedes unha imaxe que apareceu estes días no cole e que vos chamou a atención. Por que a temos por todas partes?Que representa? Tócavos investigar e descubrir cal é o segredo que esconde...
jueves, 6 de octubre de 2022
ACTIVIDADE BOCCIA
Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Parálise Cerebral realizando unha actividade lúdica e de sensibilización denominada Boccia. Trátase dun xogo deseñado para persoas con discapacidade aceptado como deporte paralímpico desde 1984.
A actividade contou coa supervisión e participación do membros de ASPACE, cos que compartimos esta xornada tan enriquecedora de xogo e coñecemento.
Moitísimas grazas!
Premede na imaxe para ver todas as fotos
E tamén podedes visitar a web do centro na ligazón
DÍA MUNDIAL DA PARÁLISE CEREBRAL
lunes, 26 de septiembre de 2022
LAPBOOK DOS VERTEBRADOS
Ola! Hoxe queremos ensinarvos o noso traballo de Ciencias da Natureza. Cada un de nós elaborou un lapbook con todo o que aprendemos dos animais vertebrados, para despois presentalo e expoñelo na clase. Esforzámonos moito e saíunos súper ben. Parabéns a todos e todas!
lunes, 19 de septiembre de 2022
XA ESTAMOS EN CUARTO!
Comezamos un novo curso con moitas gañas de aprender e compartir experiencias. Na clase falamos dos nosos desexos e expectativas para 4º e escribímolo todo para gardalo nunha cápsula do tempo que só poderemos abrir cando remate o curso.
Cumpriranse os nosos desexos? Xa estamos desexando descubrilo!
E como este ano a arte estará moi presente na nosa escola, compartimos convosco estes marcapáxinas tan chulos que deseñamos.




























