viernes, 20 de mayo de 2022

EXCURSIÓN FIN DE CURSO AO MUIÑO DO PEDROSO.

 Hoxe tivemos a excursión fin de curso a un lugar que non coñeciamos chamado Muiño do Pedroso. Alí tivemos un obradoiro de cestería e outro de plantas aromáticas. Os produtos elaborados levaranse para o feirón solidario.

Tamén tivemos tempo a facer unha pequena ruta de senderismo a carón do río e coñecer a vexetación máis característica e a xogar a todo tipo de xogos locos.

Pasámolo moi ben!

Pincha na foto.




jueves, 19 de mayo de 2022

Voltando a disfrutar dos xogos no patio.

 Hoxe estivemos felices no patio porque poidemos disfrutar de novo dos xogos coma antes da pandemia. Xa sabemos.....son para nenos máis pequenos, pero fíxonos tanta ilusión, que non poidemos parar de subirnos e rir coma si de atraccións se tratase.


Pincha na imaxe.




                             
                                   
















OBRADOIRO DE ACEITES ESENCIAIS

 Hoxe tivemos un obradoiro de aceites esenciais no que aprendemos moitas cousas sobre o que a natureza nos aporta. Descubrimos os beneficios que moitas plantas nos aportan para a saúde e o noso benestar do noso corpo físico e tamén das nosas emocións. A que é interesante?

Encantounos experimentar cos olores dos aceites e coa textura da manteca de karité ou a cera de abellas. Ademáis, poidemos elaborar os nosos propios produtos para o feirón solidario.

    Grazas Hira por todo o que nos ensinaches. Pasámolo xenial!


Pincha na imaxe .




miércoles, 18 de mayo de 2022

Curso de iniciación á vela

 Hoxe de novo tivemos curso de vela e aínda que parecía que ía facer mal tempo e tiñamos que anular a actividade, nada máis lonxe da nosa imaxinación. A pesar de que houbo un pouco de orballo ecasi non había vento, poidemos sair coas embarcacions e pasar unha mañá estupenda.

Podedes comprobalo pinchando na foto.



martes, 17 de mayo de 2022

Día das Letras Galegas

 Nós os de cuarto, quixemos conmemorar este día facendo uns marcapáxinas divertidos. Tamén debuxamos e recitamos un poema e bailamos ao son de Queiroa.



Gustaríanos felicitar tamén ao noso compañeiro Gonzalo, que gañou o concurso de marcapáxinas do Concello.




miércoles, 11 de mayo de 2022

CURSO DE INICIACIÓN Á VELA

 Hoxe tivemos a primeira clase de iniciación á vela e foi emocionante. Estavamos un pouco nerviosos e nerviosas porque non sabíamos o que alí ía acontecer. 

Cando chegamos, despois de facer as presentacións, tivemos unha clase práctica, donde nos ensinaron algúns conceptos básicos sobre as partes do barco e como se comporta o vento  para, posteriormente, sair ao mar e poñer en práctica o explicado.

A experiencia foi fantástica e o tempo pasounos moi rápido, máis rápido que se estivésemos no cole.

Estamos desexando volver!

Pincha na imaxe.




jueves, 21 de abril de 2022

OBRADOIRO DE RECICLADO DE PAPEL

 Hoxe realizamos un taller de reciclado de papel na aula. Fixemos papel a partir de cartóns, papel reciclado e tintes naturais. Cada un de nós fixemos a nosa peza e despois de escribir cunha pluma, nada máis e nada menos, puxémoslle o lacrado como remate. 

Nos papeis escribimos palabras do que significa para nós esa viaxe que é a lectura. Ao final, fixemos unha foto co resultado final. 

Pincha na imaxe e verás que obras de arte!