jueves, 19 de mayo de 2022

OBRADOIRO DE ACEITES ESENCIAIS

 Hoxe tivemos un obradoiro de aceites esenciais no que aprendemos moitas cousas sobre o que a natureza nos aporta. Descubrimos os beneficios que moitas plantas nos aportan para a saúde e o noso benestar do noso corpo físico e tamén das nosas emocións. A que é interesante?

Encantounos experimentar cos olores dos aceites e coa textura da manteca de karité ou a cera de abellas. Ademáis, poidemos elaborar os nosos propios produtos para o feirón solidario.

    Grazas Hira por todo o que nos ensinaches. Pasámolo xenial!


Pincha na imaxe .




miércoles, 18 de mayo de 2022

Curso de iniciación á vela

 Hoxe de novo tivemos curso de vela e aínda que parecía que ía facer mal tempo e tiñamos que anular a actividade, nada máis lonxe da nosa imaxinación. A pesar de que houbo un pouco de orballo ecasi non había vento, poidemos sair coas embarcacions e pasar unha mañá estupenda.

Podedes comprobalo pinchando na foto.



martes, 17 de mayo de 2022

Día das Letras Galegas

 Nós os de cuarto, quixemos conmemorar este día facendo uns marcapáxinas divertidos. Tamén debuxamos e recitamos un poema e bailamos ao son de Queiroa.



Gustaríanos felicitar tamén ao noso compañeiro Gonzalo, que gañou o concurso de marcapáxinas do Concello.




miércoles, 11 de mayo de 2022

CURSO DE INICIACIÓN Á VELA

 Hoxe tivemos a primeira clase de iniciación á vela e foi emocionante. Estavamos un pouco nerviosos e nerviosas porque non sabíamos o que alí ía acontecer. 

Cando chegamos, despois de facer as presentacións, tivemos unha clase práctica, donde nos ensinaron algúns conceptos básicos sobre as partes do barco e como se comporta o vento  para, posteriormente, sair ao mar e poñer en práctica o explicado.

A experiencia foi fantástica e o tempo pasounos moi rápido, máis rápido que se estivésemos no cole.

Estamos desexando volver!

Pincha na imaxe.




jueves, 21 de abril de 2022

OBRADOIRO DE RECICLADO DE PAPEL

 Hoxe realizamos un taller de reciclado de papel na aula. Fixemos papel a partir de cartóns, papel reciclado e tintes naturais. Cada un de nós fixemos a nosa peza e despois de escribir cunha pluma, nada máis e nada menos, puxémoslle o lacrado como remate. 

Nos papeis escribimos palabras do que significa para nós esa viaxe que é a lectura. Ao final, fixemos unha foto co resultado final. 

Pincha na imaxe e verás que obras de arte!




viernes, 8 de abril de 2022

CREANDO CON MATERIALES RECICLADOS.

 Durante esta semana o alumnado de cuarto estivo estudiando xeometría dunha forma diferente. Coa axuda das súas familias, construiron un xeoplano con materiais reciclados: oveiras, cartóns e táboas de madeira. Foi unha actividade que lles gustou moito facer coas súas familias e tamén coa que lles gustou aprender. Grazas ás familias polo seu esforzo, colaboración e implicación.

Clica na foto e poderedes ver que xeoplanos máis bonitos e como traballamos con eles.



Tamén durante esta semana traballamos co compás e como nos era un pouco difícil manexalo, tivemos que facer un debuxo con él utilizando só círculos. E a continuación podedes ver o resultado. Quedaron bastante ben!





sábado, 2 de abril de 2022

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 'Un feliz viaje por la vida', o lema da campaña do Día Mundial do Autismo

Baixo o lema " Un feliz viaje por la vida", a campaña do Día Mundial de concienciación sobre o Autismo que se conmemora hoxe 2 de abril, pon o seu foco no dereito das persoas con trastorno do espectro autista ( TEA) e as súas familias a disfrutar dunha vida feliz.

Os nenos e nenas de 4º sumámonos a esta iniciativa de concienciación e elaboramos os nosos debuxos que expresan cousas que nos fan feliz ao longo desta viaxe pola vida. Desde unha tarde na praia ata unha viaxe en avión coa familia ou disfrutar do día a día no cole cos compañeiros e compañeiras. Todos e todas quixemos expresar parte da nosa felicidade.