Hoxe celebramos o Día da Internet Segura realizando un taller online organizado polo INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade).
Visualizamos varios vídeos con situacións coas que nos podemos atopar na Internet e participamos tomando decisións para actuar contra o ciberacoso, os contidos prexudiciais e os retos virais.
Ademais, realizamos unha nova actividade TEI na que analizamos dous challenges e reflexionamos sobre o que se comparte e as súas consecuencias.
O importante é saber elixir dende a pregunta para que, visualizando e compartindo contidos que nos fagan mellores.
E rematamos creando os nosos carteis con retos virais positivos e negativos.
Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da actividade