miércoles, 17 de junio de 2026

Mercado mariñeiro

 Despois de todo o curso traballando para crear cousiñas sobre o mar para vender, chegou o gran día!

Preparamos cada artículo con moito agarimo e con moito cuidado para que as persoas que os merquen leven un anaquiño do noso corazón.

Pasámolo moi ben na xornada do mercado e moito máis elaborando cada cousa. Desexamos tamén que vós o pasarades igual de ben.

Pincha na imaxen para ver as fotos.





Excursión fin de curso a Poboaventura

Por fin chegou o día da excursión que tanto esperamos dende principio de curso, Poboaventura.

Fixemos unha pequena ruta de senderismo pola natureza ata chegar a unha igrexa cunha lenda moi curiosa. Alí xogamos a varios xogos debaixo dunha árbore centenaria.

Fixemos xogos de bosquexo, de investigación e tamén convertémonos en expertos arqueiros!

Pinchade na imaxe e veredes algunhas fotos e vídeos da xornada.





viernes, 29 de mayo de 2026

As forzas e as enerxías a través dos nosos proxectos

 Nesta avaliación de naturais do tema das enerxías, tivemos que facer un proxecto que consistía en realizar algún artefacto que precisaxe enerxía. Podíamos buscar en internet ou inventalo. A verdade é que naturais así estúdase moiti mellor.




TELEMARES, A NOSA TELE ABERTA

Telemares foi un proxecto que naceu coa intención de facer un programiña cada 15 días e contar as nosas cousas da aula. Pero estivemos con moitas saídas, exames, traballos e non puido sair á luz. Así que decidimos facer un programa coa recopilación das actividades realizadas durante o curso.



O Faro de Cabo Home

 Como non podía ser doutra forma, tiñamos que falar dos faros, tan importantes para os navegantes das nosas costas. Escollemos o faro de Cabo Home, pintámolo nun lenzo e grabamos un pequeno vídeo coa información.




QUEN ANDA AHÍ? Habitantes dos mares

 Ao longo do curso fomos investigando diferentes temas relacionados co mar. Un dos que máis nos apasionou foi o fondo mariño. Así que pouco a pouco, mentres pintabamos o mural, fomos investigando sobre os seus habitantes.



jueves, 14 de mayo de 2026

LETRAS GALEGAS, UNHA CLASE CON MOITA RETRANCA

Este ano decidimos facer algo diferente, así que puxémonos a pensar en diferentes expresións galegas das mais utilizadas e facer unha clase de lingua galega mooooi especial e diferente. Esperamos que vos gustara. 

Nós pasámolo moi ben nos ensaios e na preparación, pero unha das cousas que máis nos gustou, foi escoller a frase para a camiseta. Quedará como un grato recordo.