viernes, 27 de febrero de 2026

Visita de Mayte, bióloga mariña

 Hoxe tivemos a sorte de disfrutar da visita de Mayte, que é unha namorada do mar e das súas especies, pois traballa como bióloga en Miño.

Chegou ao cole coas súas caixiñas cheas de cunchas, de ameixas, mexilóns, caracolas, ourizos, minchas...... 

Tamén trouxo un microscopio cunha pantalla xigante no que puidemos ver as partes internas dunha ostra viva e tamén dun gusano de mar.

Aprendimos moitas cousas interesantes e incluso vimos un polbo azul.

Pinchade na imaxe e podedes ver as fotos.




miércoles, 25 de febrero de 2026

A Comunidade Vagalume

Un día máxico no noso cole!

Hoxe visitounos Olalla Meigalla, que aterrizou coa súa vasoira máxica para contarnos  o conto de A Comunidade Vagalume.

Unha historia que non so nos transportou a mundos máxicos como a illa de Oki Konoki, senón que nos fixo reflexionar sobre a importancia da comunidade e o seu coidado, así como a importancia de mantela unida e así coa forza da unión, construir un mundo máis igualitario.

Se pinchas na primeria imaxe podes ver as fotos da actividade.


 Pincha na imaxe e poderás ver un pequeno vídeo.



lunes, 23 de febrero de 2026

Día de Rosalía

Hoxe celebrarse, como casa ano, o día de Rosalía de Castro e a nosa clase quixo homenaxeala recitando un dos seus poemas titulado Para a  Habana"

Para a Habana!”é un poema emblemático de Rosalía de Castro, publicado na súa obra Follas Novas (1880), que retrata a emigración galega. Narra a dolorosa despedida dun mozo que vende as súas poucas pertenzas para buscar fortuna en Cuba,  debido á pobreza en Galicia. O poema destaca pola dor e a soidade que deixa a emigración.







Mobilidade sostible

 O noso centro participa no Plan Proxecta da Consellería de Educación, Ciencia,Universidades e Formación Profesional na modalidade de Mobilidade Sostible e Segura.

Coa nosa participación pretendemos desenvolver un proxecto relacionado con cambiosnos hábitos de desprazamentos cara a modelos máis seguros, activos e sostibles.

Hoxe,día 23 de febreiro, todo alumnado participamos nuns talleres impartidos por técnicos de Educación Vial da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña para promover a creación destes novos hábitos,de valores seguros como peóns, ciclistas ou usuarios dos diferentes medios de transporte.

 O noso taller foi “Taller de bicicleta, pasaxeiro de autobús e código PAS”.

Puidemos repasar os conceptos máis básicos de peón e pasaxeiro (uso do cinto de seguridade), e afondamos no tema da bicicleta (elementos de seguridade, como circular, algúns sinais...), como subir e baixar do autobús, e o código PAS.

Pincha na imaxe.





viernes, 13 de febrero de 2026

E chegou o entroido !

 Aínda que o tempo non nos acompañou para poder facer polas rúas o noso paseo, compartindo con amigos e familiares, no cole puidemos disfrazarnos e disfrutar dunha xornada divertidae festiva.

O cole converteuse nunha especie de Nautilus no que podías ver desde polbos ou estrelas de mar ata cociñeiros/as e como non os percebes.

Pincha na segunda imaxe e poderás ver as fotos da xornada no cole.