miércoles, 28 de mayo de 2025

VISITA AO PORTO DA CORUÑA

 A Autoridade Portuaria de A Coruña, co fin de facilitar a vinculación da ciudad co seu porto, ofrece aos escolares a posibilidade de realizar visitas didácticas as súas instalacións para que coñezan as labores e traballos que se realizan no Porto Interior e a importancia destas actividades portuarias para o desenvolvemento, tanto social como económico, da cidade. 

Hoxe o alumnado de 4º realizamos esta visita percorrendo diversas zonas do Porto Interior de A Coruña  e a Lonxa. 

Tamén tivemos a sorte de poder coñecer o centro de coordinación e seguridade do porto e ata un coche da policía portuaria. Agradecemos moito a amabilidade con que se nos tratou.

 E finalizamos a xornada merendando e xogando nos arredores da Torre de Hércules.

Pinchade na imaxe para ver as fotos da visita



 


lunes, 26 de mayo de 2025

MAR DE MARES: ACTIVIDADE PLÁSTICA

 Hoxe realizamos as nosas creacións cos plásticos e residuos que recollemos na praia. 

Con esta actividade poñemos en valor a riqueza natural e cultural que xeran os nosos mares e a necesidade de coidalos e  de ser respectuosos co medio ambiente.

Foi unha sesión chea de creatividade que nos gustou moito.

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da sesión

 

 

 

lunes, 19 de mayo de 2025

MAR DE MARES

O alumnado de 4º de EP está a realizar  un obradoiro de reciclaxe de plásticos mariños.

 En compañía da artista Ana María Cabanes, que traballa con residuos mariños, fixemos hoxe unha limpeza da praia de Sada, co obxectivo de amosar a necesidade de coidar o medio ambiente. Posteriormente, o día 26 de maio,  realizarán diversas pezas artísticas cos refugallos recollidos na praia,  guiados pola artista.

Pinchade na imaxe para ver as fotos da actividade de hoxe


viernes, 16 de mayo de 2025

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe desfrutamos do noso Festival das Letras Galegas. 

 Podedes ver as fotos e vídeos na web do colexio.

Parabéns a todos e todas! 





miércoles, 14 de mayo de 2025

AS CANTAREIRAS

 Esta semana visitounos Eva Edreira, mestra de canto e percusión tradicional galega, especialista en técnica vocal aplicada ao canto tradicional e directora das pandeireteiras do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina. 

Con ela puidemos coñecer máis profundamente  a importancia das cantareiras como transmisoras da poesía oral galega e por que se lles adica este ano o Día das Letras Galegas.

Encantounos este obradoiro con música, cantigas e moita emoción! 

Pinchade na imaxe para ver as fotos da actividade 



OS NOSOS ANIVERSARIOS


 

OS NOSOS ANIVERSARIOS