Hoxe participamos no Programa da Xunta "Pasando a bóla, xogando para cambiar", que ten como obxectivo a prevención do acoso escolar.
A actividade consistiu nunha representación teatral da man do grupo A Xanela do Maxín, que coa colaboración do alumnado puxo en escena diferentes situacións relacionadas co acoso. Os nenos e nenas tamén se converteron en parte activa do proceso aportando ideas para resolver os comportamentos contrarios á convivencia representados. Estimulouse a reflexión e a capacidade crítica sobre os diferentes roles que interveñen neste tipo de situacións.
Foi unha actividade moi enriquecedora que de forma lúdica nos fixo conscientes do negativo deste tipo de actitudes.
Podedes ver as fotos das dúas sesións pinchando nas imaxes
3º, 4º A e 5º A
4ºB, 5ºB e 6º