Hoxe puidemos facer uso da nosa creatividade coa axuda dos nosos compañeiros de 5º EP para facer pequenas programacións.
Pincha na imaxe para ver máis fotos.
Hoxe puidemos facer uso da nosa creatividade coa axuda dos nosos compañeiros de 5º EP para facer pequenas programacións.
Pincha na imaxe para ver máis fotos.
Hoxe tivemos unha visita moi moi especial. A avoa de Aitana veunos visitar para falarnos da importancia de coidar da saúde das persoas que están embarcadas e de que xeito se organiza ese coidado a través do Instituto Social da Marina. Puidemos ver unha pequena reproducción en metacrilato do Buque - Hospital " Esperanza del Mar, que cuida, ademáis da insignia.
Moitas grazas Pilar!
Grazas ao Grupo Naturalista Hábitat, en colaboración co GALP Golfo Ártabro Sur, participamos nunha actividade educativa sobre o medio mariño e costeiro. Esta iniciativa está financiada pola Unión Europea e a Consellería do Mar.
Na nosa praia de Sada puidemos observar aqueles habitantes dos mares que temos nas nosas costas.
Pincha na imaxe e poderás ver algunhas fotos e vídeos.
Hoxe, o noso compañeiro Andrii , explicounos como rematou de construir o noso robot da aula e ensinounos a manexalo para movelo pola aula cara a un obxectivo concreto. Mesmo o levamos con folios para conserxería.
Se pinchas na imaxe poderás ver algún vídeo e fotos.
Un ano máis, a través da Asociación stop Accidentes o alumnado contará cunha charla na que repasarán as formas máis responsables de comportarse na rúa para evitar accidentes e traballar de forma colaborativa.
Pincha na imaxe.
Lía enfróntase a un camiño de desafíos onde comprende que a súa verdadeira riqueza non está nos bens materiais, senón na súa valentía, amor e amaxia que leva dentro.
Clica na imaxe.
Hoxe fomos de teatro a Afundación a ver unha nova proposta escénica que mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo, participación do público, e, sobre todo, a gastronomía máis internacional e divertida. Desta volta, os refinados chefs preparan un menú degustación con sabores de diferentes lugares coa mensaxe de promover unha dieta ampla, variada e diversa.
Pasámolo moi ben!
Pincha na imaxe e poderás ver algunga imaxe e video da función.
Grazas á asociación Patexeiros, puidemos visitar varias embarcacións tradicionais no pantalán da nosa vila.
Puidemos subir en varias embarcacións nas que nos explicaron as partes dos barcos, o seu uso e tamén puidemos subir as velas e incluso remar.
Disfrutamos moito e pasámolo tan tan ben, que queremos volver cada ano!
Se pinchades na imaxe poderedes ver un pequeno vídeo.
E agora.....se pinchades na imaxe, poderedes ver as fotos e vídeos da xornada.