viernes, 31 de enero de 2025

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 Hoxe tivemos unha fantástica xornada de convivencia na que todo o cole compartimos e xogamos xuntos para conmemorar o Día Escolar da non Violencia e da Paz.

Pasámolo xenial!

 Podedes ver as fotos pinchando na imaxe 





jueves, 30 de enero de 2025

miércoles, 29 de enero de 2025

PLAN PROXECTA TALLER MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

 Hoxe visitáronnos dous  técnicos de Educación Vial da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña para promover hábitos de desprazamento máis seguros, activos e sostibles.

Explicáronnos de maneira lúdica e con exemplos prácticos as normas básicas que temos que seguir como peatóns, condutores de bicicletas e usuarios dos transportes públicos e privados.

Podedes ver algunhas fotos das sesións pinchando na imaxe

 



lunes, 27 de enero de 2025

PROGRAMA TEI BÚSCANSE VALENTES

 Estes días realizamos unha actividade do PROGRAMA TEI a partires da canción do Langui "Se buscan valientes".

Reflexionamos e debatemos sobre quen son os valentes e como podemos actuar ante diferentes situacións de acoso escolar, como poñéndonos  no lugar dos demais, identificando  as sinais, uníndonos  e non permanecendo calados ante o abuso.

Aprendemos que a forza do valente está no corazón, polo que escribimos e decoramos  os nosos corazóns con frases da canción, e ata nos atrevemos con algunha estrofa.  




Ti es importante