miércoles, 25 de diciembre de 2024
jueves, 19 de diciembre de 2024
SOMOS ELFOS DE NADAL
Hoxe realizamos un taller coa Escola Galega de Consumo no que nos convertemos en ELFOS DE NADAL e aprendemos como ten que ser a etiquetaxe dos xoguetes para que sexan seguros.
Lembrade que é moi importante ser consumidores conscientes e responsables.
Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da sesión.
miércoles, 18 de diciembre de 2024
martes, 17 de diciembre de 2024
CARREIRA SOLIDARIA
Hoxe todo o centro participamos na carreira solidaria a prol dos afectados pola dana de Valencia.
Foi unha xornada moi bonita, na que percorrimos moitos metros de solidariedade!
Moitísimas grazas a todas as familias e ao alumnado pola vosa colaboración!
Pinchade na imaxe para ver as fotos e podedes ver o vídeo na web do cole.
jueves, 12 de diciembre de 2024
PREMIOS PALABREANDO
No mes de novembro as clases de 4º participamos de novo no concurso Palabreando e a gañadora do 2º ciclo foi Lana, coa súa rima sobre o universo.
Moitos parabéns!
QUEN É QUEN?
Xa rematamos as nosas investigacións sobre OS PITUFOS E SÚPER LÓPEZ e xa está listo o panel de QUEN É QUEN? con todos os personaxes do cómic para que podamos xogar e seguir aprendendo.
Continuaremos traballando no Proxecto do cole Viñetas dende Sada e xa vos contaremos moitas máis cousas...
martes, 3 de diciembre de 2024
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Hoxe conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e no centro realizamos diferentes actividades para sensibilizar sobre a necesidade dunha inclusión real e dar visibilidade á nosa diversidade.
E, como en anos anteriores, disfrutamos, convivimos e compartimos na Carreira ENKI.
Podedes ver as fotos pinchando na imaxe e na web do cole