lunes, 25 de noviembre de 2024

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano conmemoramos o 25 N asistindo á representación da obra teatral Rosa Caramelo, a cargo de Talía Teatro, na Casa da Cultura de Sada. 


Tamén fixemos bocadillos con lemas reivindicativos segundo o traballado estes días sobre o tema.


E o alumnado de 4º A foi o encargado de realizar o Programa especial do Tarabelo nas Ondas.

 Parabéns por este fantástico traballo!

martes, 19 de noviembre de 2024

PREMIOS PALABREANDO

Os nenos e nenas que participaron no Concurso Palabreando do mes de outubro, recibiron hoxe os seus diplomas.

A nosa compañeira Nieves gañou o premio do 2º ciclo coa súa adiviña sobre o carabineiro.

Moitos parabéns!


Animádevos a participar no mes de novembro facendo rimas coas palabras que imos elixindo cada semana!


PALABREAMOS,

CREAMOS,

RIMAMOS,

XOGAMOS?


viernes, 15 de noviembre de 2024

MODO RETRATO NA COLECCIÓN DE ARTE AFUNDACIÓN

 Hoxe o alumnado de 2º ciclo  realizamos unha visita-conto con obradoiro, Seguindo a pista de Cora, a retratista, na sede de AFUNDACIÓN. 

Os nenos e nenas coñeceron  a Kora, unha das primeiras retratistas da nosa
historia, que nos foi deixando pistas para identificar  os distintos tipos de retratos e
cantas cousas podemos saber sobre as persoas que aí aparecen, as súas emocións e o medio que as rodea, a través de importantes pintores de Galicia.

Tamén nos convertemos en artistas facendo o retrato dun dos nosos compañeiros ou compañeiras.

E ao rematar puidemos merendar nos Xardíns de Méndez Núñez e ver algúns dos lugares que Lecturitas visitou no verán, como o Kiosko Alfonso,  onde atoupou diferentes personaxes de Viñetas desde o Atlántico. Xa sabedes que estamos investigando para o novo proxecto do cole, que se chama Viñetas desde Sada, que trata sobre o cómic.

Podedes ver as fotos da saída pinchando na imaxe


jueves, 7 de noviembre de 2024

PROGRAMA TEI: A TARTARUGA XIGANTE

 O alumnado de 4º realizamos  estes días na clase de EF a actividade do Programa TEI A TARTARUGA XIGANTE, na que se traballa a cohesión de grupo e a cooperación. 

Trátase de conseguir que a tartaruga se mova sin perder a súa cuncha e todos e todas o fixemos  xenial. 

Tamén disfrutamos con outros xogos e dinámicas que nos gustaron moito. 

Podedes ver as fotos da actividade pinchando na imaxe de cada grupo