Hoxe realizamos a primeira saída deste curso visitando o Museo do Humor de Fene e a súa Biblioteca Municipal.
Foi unha xornada moi completa, na que nos divertimos cunha búsqueda do tesouro sobre as distintas seccións da biblioteca e disfrutamos arrodeados deses libros que tanto nos gustan. E ata recibimos uns agasallos estupendos!
Tamén nos contaron quen é Xaquín Marín e a historia do Museo do Humor, no que visitamos varias salas con multitude de obras que nos gustaron moito, especialmente na sala do cómic.
E pasamos un ratiño estupendo cos espellos especiais que teñen.
Podedes ver as fotos desta saída pinchando na imaxe