lunes, 30 de enero de 2023

CONSTRUÍNDO UN MUNDO DE SORRISOS

  Hoxe celebramos o Día Internacional da Non Violencia e da Paz realizando un acto conxunto baixo o lema Construíndo un mundo de sorrisos, no que cada un pegamos o noso sorriso nunha escultura do  colexio. Tamén cantamos Que bonito e recitamos a Cantarela da Paz de Neira Vilas.

Ademais  realizamos diferentes actividades na aula para traballar este tema tan importante, reflexionando sobre as consecuencias que ten a guerra na nosa sociedade. 

E para rematar deseñamos  unha escultura móbil con pombas e uns colares conmemorativos. 


 Podedes ver fotos e vídeos desta xornada na páxina web do cole e algunhas máis pinchando na imaxe.  




lunes, 23 de enero de 2023

COÑECE O MEU CLUB

Dentro do programa XOGADE atópase a actividade Coñece o meu club, na que o noso alumnado realiza unha sesión práctica e lúdica da man dos técnicos do Club Taekwondo de Sada. Así, foméntase a práctica da actividade física coa finalidade de conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables.

Hoxe os nenos e nenas  de 4º puidemos desfrutar desta sesión que nos gustou moito.

               Pinchade na imaxe para ver todas as fotos e vídeos da actividade.

               Pasámolo xenial!



miércoles, 18 de enero de 2023

ROCHAS, MINERAIS E VOLCÁNS

 Estamos a traballar na clase a xeosfera e as formas do relevo. Por iso, hoxe Dante tróuxonos a súa colección de rochas e minerais, xunto coas fichas informativas de cada unha. Aprendemos e desfrutamos moito e agora cada un de nós terá que investigar un pouco máis sobre elas.

Ademais, Marco ensinounos a súa fantástica maqueta dun volcán. 

Moitas grazas aos dous! Parabéns polo voso traballo e interese!






martes, 10 de enero de 2023

PROGRAMA TEI LEVÁMOLO DENTRO

 Hoxe realizamos unha nova actividade do Programa TEI. A partires do vídeo Levámolo dentro, no que se ve a actuación grupal de torres humanas na catedral de Girona, traballamos a importancia de ser un equipo; cada un dos integrantes é fundamental e ninguén pode quedar fóra. Así, entendemos que cada un de nós é imprescindible na clase, aportando as súas cualidades positivas, valores e actitudes. Ao final adquirimos como compromiso de clase mellorar ese traballo de grupo.

 



 


lunes, 9 de enero de 2023

PINTANDO SENTIMENTOS

 Comezamos este novo trimestre amosándovos o noso traballo para o PROXECTO CREARTE.

PINTANDO SENTIMENTOS recolle a nosa visión da pintura que nos emociona e que, neste caso, centramos en Picasso e o cubismo, Luis Seoane e Van Gogh. 

Quero felicitar ao alumnado de 4º por todo o esforzo e ilusión que puxeron en cada unha das obras realizadas. Sodes uns artistazos!

Finalmente compartimos o noso traballo nunhas xornadas nas que percorremos as salas dos outros cursos e explicámoslles aos demais cada parte do  noso museo.

Foi unha experiencia moi bonita  e enriquecedora.



Podedes ver as exposicións , fotos e vídeos na páxina web do cole.

E pinchando na imaxe tedes algunhas fotos máis do noso curso.



MOITOS PARABÉNS, LEILA E BREIXO!



                         FELIZ ANIVERSARIO!